Friday 29 de March de 2024

Ordes acolle esta fin de semana a primeira MasterClass pública de Salsation & Zumba de toda Galicia


Aberta a todas e todos os que queiran participar, contará con instrutores do nivel de Noelia Moledo e Pipo Franco

O próximo sábado, 2 de xullo, ás 19.30 horas, o Campo da Feira de Ordes encherase de xente chea de ritmo e ávida de exercicio físico para participar na que será a primeira Salsation & Zumba MasterClass que teña lugar en Galicia.
A convocatoria, de balde e aberta a todas e todos os que queiran asistir, está organizada polas instrutoras Noelia Moledo e Blanger Y. Figuera. Tamén ten confirmada a presenza a coñecida e popular bailarina e master trainer Pipo Franco, que por primeira vez conducirá unha sesión deste tipo en terras galegas. Sobre o escenario estarán tamén Lucía Gómez e Alberto García como instrutores convidados.
Como colaboradores para levar a cabo esta iniciativa figuran o Concello de Ordes, a asociación Movida Ordes, Salsation Zumba Fitness, roupa deportiva M&F e Alessandra Maneiro perruquería.
Por outra banda, e xa dirixido a un público máis profesional ou relacionado coa actividade deportiva e coreográfica, o mesmo sábado de 9.30 a 13.30 horas terá lugar un workshop (obradoiro de traballo) de salsation fitness de catro horas de duración, cuxo custo ascende a 30 €. Para inscribirse, as persoas interesadas poden facelo a través do correo electrónico Nely.77@hotmail.com. O lugar escollido para a súa celebración é a piscina Iván Raña. Está organizada novamente por Noelia Moledo, ademais de por Blanger Yanilmira (M&F), que tamén contan novamente coa colaboración do Concello de Ordes.